16 de abril de 2021
Os traballos, que contan cun orzamento de 266.524 euros, servirán para incrementar a superficie e garantirlle a accesibilidade a toda a veciñanza
O Concello comezou esta semana os traballos da remodelación integral da praza Padre Rubinos, nos Mallos, coa que incrementará a súa superficie en preto de 250 m². Este espazo, partido en dous pola rolda de Outeiro, agarda desde hai anos unha profunda reforma como a que se levou a cabo no parque localizado ao outro lado da estrada.
A alcaldesa, Inés Rey, indicou que, con este proxecto "o Goberno local responde a unha vella demanda veciñal", xa que o deseño mellora de forma notable a accesibilidade e a circulación peonil. "Queremos recuperar un espazo que debe ser para a veciñanza, a través dun proxecto que cambiará por completo a praza", sinalou Rey.
Coa eliminación da vía situada ao este, conséguese aumentar o espazo da praza e xérase unha plataforma única que consolida a propia praza e contribúe a incentivar a actividade económica na súa contorna. "Gañamos espazo para o goce da cidadanía e melloramos a súa calidade de vida potenciando as políticas ambientais", apunta a rexedora.
A alcaldesa asegura que a intención do Goberno local é que todos os barrios conten con espazos urbanos de calidade, onde as verdadeiras protagonistas sexan as persoas. Estas actuacións, explica, forman parte do plan municipal para rehabilitar os barrios, crear novos espazos tanto para o uso deportivo como para o uso lúdico e garantir a accesibilidade da veciñanza.
O proxecto, explica a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, persegue un cambio integral da praza, con intervencións en toda a súa estrutura enfocadas desde o prisma da ecoloxía urbana, plantación de árbores e novas instalacións e equipamento. "Buscouse un equilibrio estético e funcional de forma que se potencie o uso da praza, en harmonía cos valores ecolóxicos; nese sentido, propúxose un deseño con distintas árbores de forte impacto visual", dixo a concelleira.
O conxunto da praza, zona axardinada e zona peonil, constará de 1.000 m². A superficie total da praza incrementarase en preto de 250 m². E, ademais da zona de árbores e xardín, que contará con rega automática, renovarase a iluminación e o mobiliario urbano. Preto de 45 m² serán ocupados por bancos feitos de formigón, mentres que unha superficie de 12 m² acollerá unha serie de bancos de madeira e aceiro.
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible