5 de diciembre de 2025
A formación gravou as súas sesións na Coruña conectada en tempo real cos equipos de produción de Los Ángeles e Miami
A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) participou na gravación de 'Somos Más', a canción oficial do Mundial 2026, un proxecto internacional que une América Latina, Estados Unidos e España nunha mesma mensaxe de celebración e diversidade. "Estamos moi orgullosos deste fito histórico para a OSG, que acada unha dimensión global nun dos eventos masivos máis importantes", sinalou Inés Rey, alcaldesa da Coruña.
'Somos Más' é unha creación do recoñecido compositor e produtor Julio Reyes Copello, con orquestración do mestre Antonio Medellín-Fajardo, quen concibiron unha peza na que conviven a emoción do formato sinfónico coa enerxía contemporánea do pop e do urbano latino. A Sinfónica de Galicia gravou todas as seccións orquestrais nos Estudios Mans da Coruña, en sesións conectadas en tempo real cos equipos de produción situados en Los Ángeles e Miami, dous dos centros neurálxicos da industria musical internacional. Esta colaboración simultánea entre ambas beiras do Atlántico permitiu integrar a orquestra na complexa arquitectura vocal, rítmica e dixital da canción.
A dirección musical estivo a cargo de José Trigueros, director asociado da OSG, quen liderou unha gravación de alta precisión artística e técnica, adaptada ás necesidades dun proxecto global concibido para millóns de oíntes en todo o mundo.
A canción 'Somos Más' preséntase hoxe oficialmente a nivel mundial, marcando o inicio da campaña musical do Mundial 2026. A participación da Orquestra Sinfónica de Galicia neste lanzamento internacional consolida a súa presenza en proxectos de grande visibilidade global e subliña a súa capacidade para integrarse en producións contemporáneas de enorme alcance.

26 de noviembre de 2025

18 de noviembre de 2025

24 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible