21 de mayo de 2020
O concello adianta un protocolo de transición sobre o uso dos areais no inicio da Fase 2 mentres non se publiquen as normas definitivas da Administración central e autonómica
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, mantivo esta mañá unha reunión co persoal técnico municipal desta concellería e co director da Área de Seguridade Cidadá do Concello, Carlos García Touriñán, para establecer un protocolo de transición sobre o uso das praias na Coruña co comezo da Fase 2. Estas medidas, que se implementarán desde o 25 de maio ata o 15 de xuño, serán provisionais, mentres non se publique un protocolo definitivo coas instrucións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade.
O obxectivo, destacan desde a Concellería de Medio Ambiente, é non desmarcarse das medidas hixiénicas e de protección que se indican tanto desde o Ministerio como desde a Consellería de Sanidade.
As normas deste protocolo de transición para o uso das praias consistirán en:
Lembramos que ata o vindeiro luns, 25 de maio, está prohibido tomar o sol na praia.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible