14 de septiembre de 2021
Destaca o aumento de delitos cibernéticos que afectan a persoas maiores na cidade, un feito que concorda co constatado no territorio nacional
María Pita acolleu hoxe a Xunta de Seguridade Local que presidiron conxuntamente a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a subdelegada do Goberno, María Rivas. A xuntanza analizou os datos expostos polos corpos de seguridade do Estado e os axentes municipais sobre a situación de seguridade na cidade.
No encontro acordouse reforzar a boa colaboración xa existente e a coordinación policial en todos os ámbitos da seguridade: a loita contra a violencia de xénero, a ciberdelincuencia, o cumprimento da normativa contra a Covid-19 e a seguridade cidadá en xeral.
Concello da Coruña e Subdelegación do Goberno destacan que os datos de conflitividade mantéñense con respecto ao ano 2019 aínda que, apuntan, que "non se debe baixar a garda ante o mínimo risco de que se produzan situacións de inseguridade".
Por outra banda, a XLS alertou sobre o aumento dos delitos cibernéticos con respecto ao ano pasado e que afectan, sobre todo, ás persoas de maior idade. Trátase de estafas online ou fraudes informáticos que tentan enganar a persoas con pouca formación en novas tecnoloxías. As estafas informáticas creceron un 17% e son xa case o 20% do total de infraccións denunciadas no que vai de ano. Estes datos concordan co observado en todo o territorio nacional.
Ao encontro que presidiron a alcaldesa e a subdelegada do Goberno, tamén acudiron ou concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego; o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada; o director de área de seguridade, Carlos García Touriñán; o xefe da Policía Local, José Antonio Brandariz; e o comisario xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, Miguel Ferrero.
19 de febrero de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible