3 de septiembre de 2020
As familias poden consultar a relación de admitidos/as e exluídos/as provisionalmente no Taboleiro de editos do portal web do concello e aquelas solicitudes que non foron aceptadas terán un prazo de 10 días para subsanar os erros da documentación entregada
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación publica a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as na páxina web de Servizos Sociais do Concello da Coruña: https://bit.ly/35atIvF.
Na relación de nenos/as non admitido/as detállase o porqué desta decisión para que as e os solicitantes poidan subsanar os erros na documentación ou realicen as alegacións pertinentes. O prazo aberto para esta subsanación é de 10 días.
Desde a concellería anuncian que se habilitarán multitude de extensións telefónicas municipais para que as persoas solicitantes que non foron admitidas poidan pedir información ao respecto e se lles resolvan todas as dúbidas que poidan xurdir. Para contactar con estas extensións telefónicas de información, que operan de luns a venres mañá e tarde, pódese chamar ao 010 e pedir que se lles redirixa co punto informativo das bolsas comedor, ou ben contactando no número do concello, 981 18 42 00, e marcando as extensións:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible