Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de abril de 2025

Entran en vigor os Orzamentos Municipais para este ano, coas contas máis elevadas da cidade: 379 millóns de euros

O pleno municipal tamén deu luz verde á modificación da ordenanza de augas e ás distincións ao persoal municipal

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe a sesión ordinaria do Pleno municipal, na que se informou desestimación das alegacións dos Orzamentos Municipais deste ano, por non cumprir os supostos legais. O dito trámite supón a entrada en vigor do Orzamento desde mañá tras a publicación das contas no BOP.

O Concello contará con 379 millóns de euros, a cifra máis elevada coa que contou a cidade, "para profundar na folla de ruta que está a impulsar o Goberno de Inés Rey para concretar a segunda gran modernización da Coruña", apuntou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, que incidiu en que os investimentos atenderán moi especialmente as demandas dos barrios, para os que hai previsto un plan plurianual de actuacións co que se irá dando resposta, a curto e medio prazo, ás súas necesidades.

Luz verde á modificación da ordenanza reguladora de augas

Tamén este xoves, o Pleno aprobou provisionalmente a modificación da ordenanza municipal que regula o prezo público para a subministración de auga potable aos concellos da área da Coruña.

Tal e como se expuxo días atrás, cando se lle deu luz verde a esta proposta na Xunta de Goberno Local, con esta iniciativa búscase adaptar o marco normativo vixente para atender, por exemplo, as solicitudes do Concello de Oleiros, receptor das facturas de Emalcsa.

"Con esta modificación resolvemos os problemas xurdidos nos últimos tempos con concellos como Oleiros, que acudiu aos tribunais, aínda que estes lle deron a razón de forma sistemática ao Concello da Coruña; o que hai agora é unha forma de entender a relación de veciñanza cos concellos da área", indicou  o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, quen indicou que o cambio normativo, que non supón ningunha modificación de tarifas, facilitará a facturación a calquera empresa pública de auga dos concellos da área. "Trátase de profundar na cooperación cos concellos da contorna", resumiu Lage.

Distincións a persoal municipal

Outro dos asuntos destacados na orde do día do Pleno foi a aprobación da concesión das distincións policiais por traxectoria profesional exemplar, mérito e felicitacións públicas correspondentes a este ano.

A concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montse Paz, detallou polo miúdo as propostas remitiadas pola Comisión de Distincións, aprobadas a finais de febreiro e que establecen outorgarlle a medalla ao mérito da Policía Local, con distintivo vermello, a Rubén Álvarez Hermida e Antonio Pedro Vilar Perón, inspector do corpo e técnico medio de Bioloxía Mariña do Concello. Hermida e Vilar foron clave para lle salvar a vida dunha persoa de 52 anos que se lanzou ao mar na Coruña hai case un ano.

Ademais, concederáselles a medalla ao mérito policial, con distintivo azul, ao superintendente José Antonio Brandariz Castelo, ao oficial Iván Ramos Cadierno e aos policías Abel Rodríguez López, Juan Manuel Brea Asorey e Carlos Sanjurjo Lorenzo.

Tamén se lles deu luz verde ás felicitacións públicas a Miguel Ángel González Arias (xeneral xefe da Garda Civil en Galicia), Alejandro Maceiras Bastida (xefe provincial da Coruña da Unidade de Policía Nacional), José Ángel Corral Segade (da agrupación de Tráfico da Garda Civil), Diego García Castro (responsable do Gabinete Técnico da Policía Nacional) e tanto a Manuel Sánchez Enjamio como a Alberto Arias Álvarez (ambos da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Policía Nacional na Coruña).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión