Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de noviembre de 2020

O alumnado do Conservatorio gañador do concurso de interpretación toca mañá coa Sinfónica de Galicia no Coliséum

A pianista Hiwot Vilariño e o fagotista Esteban García compartirán partituras de Mozart coa formación despois de seren distinguidos no certame co que ambas as institucións queren premiar o esforzo e traballo das e dos músicos durante o ano

A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece mañá ás 12.00 horas no Coliséum un concerto coas persoas gañadoras do Concurso de Interpretación Solista organizado polo Conservatorio Superior de Música da Coruña e a propia formación. A alumna e o alumno distinguidos neste certame foron a pianista Hiwot Vilariño García, que interpretará o "Concerto número 27", de Mozart, e o fagotista Esteban García Vidal, que tocará o "Concerto para fagot", de Mozart, baixo a dirección de José Trigueros. A iniciativa, que se realiza no marco do convenio de colaboración subscrito entre ambas as institucións, pretende difundir o elevado nivel de excelencia que atesoura o estudantado do Conservatorio Superior coruñés e a Sinfónica de Galicia. A través do concurso, as e os mozos premiados teñen a oportunidade de actuaren cunha orquestra de gran prestixio. É unha forma de lles recompensar todo o traballo e o esforzo realizado durante o ano.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión