31 de agosto de 2026
A nova programación ofrece máis de 5.100 prazas en 345 grupos. As solicitudes poderán presentarse os días 1, 2 e 3 de setembro
O Concello abre mañá, 1 de setembro, o prazo de preinscrición para participar na nova programación de actividades socioculturais da rede de centros cívicos municipais, que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro. A convocatoria ofrece máis de 5.100 prazas distribuídas en 345 grupos e está dirixida a persoas de todas as idades. Esta ampla programación forma parte da política de dinamización cultural e formativa nos barrios desenvolvida polo Goberno de Inés Rey.
A preinscrición poderá realizarse durante os días 1, 2 e 3 de setembro a través da páxina web municipal. As persoas que non dispoñan de acceso a Internet poderán recibir apoio para realizar o trámite a través do teléfono 857 890 628. A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, animou á veciñanza a participar nunha programación "que converte os centros cívicos en espazos de encontro, aprendizaxe e convivencia nos barrios e que permite ofrecer alternativas adaptadas ás distintas idades e intereses da cidadanía".
A oferta desta convocatoria inclúe 40 grupos dirixidos á infancia, 27 para a mocidade, 216 de carácter interxeracional e 62 específicos para persoas maiores. Entre as propostas figuran actividades relacionadas co benestar físico e emocional, a creatividade, a aprendizaxe, as novas tecnoloxías, a cociña, o baile ou a adquisición de hábitos saudables.
Para a infancia inclúense propostas como animación en stop motion, deseño de personaxes manga, inglés, cociña, apoio escolar ou xestión das emocións. A mocidade contará con actividades de reforzo educativo, danza urbana, conversa en inglés ou preparación de menús saudables. Pola súa banda, a programación interxeracional ofrece disciplinas como ioga, pilates, taichí, fotografía, pintura, costura ou informática, mentres que a destinada especificamente ás persoas maiores reforza a estimulación cognitiva, o exercicio adaptado, a prevención de caídas e as competencias dixitais.
Unha vez pechado o prazo de preinscrición, as listaxes provisionais publicaranse o 7 de setembro e o día 8 habilitarase a presentación de reclamacións. O sorteo para a adxudicación das prazas terá lugar o 10 de setembro e as listaxes de admisión e de agarda publicaranse o día 21. A formalización da inscrición e o pagamento das taxas realizaranse os días 22, 23 e 24 de setembro. As actividades comezarán o 28 de setembro, data na que tamén se iniciará a xestión das listaxes de agarda.

11 de septiembre de 2026

18 de agosto de 2026

13 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible