27 de mayo de 2022
Este novo proxecto de atención á saúde mental da cidadanía, impulsado pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación, poñerase en marcha no Centro Cívico da Cidade Vella
Este venres, 27 de maio, ábrese a inscrición para os obradoiros de dó e control do estrés e a ansiedade que organiza o Concello da Coruña a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá. Os talleres son gratuítos e están dirixidos a persoas maiores de 16 anos.
O proxecto, que se levará a cabo no Centro Cívico da Cidade Vella a partir do próximo día 6 de xuño, atende a dúas circunstancias relacionadas coa saúde mental que se detectaron desde os Servizos Sociais do Concello e que non están suficientemente cubertas desde a Sanidade autonómica. Por unha banda, no obradoiro de dó traballarase sobre como afrontar a perda de seres queridos; e por outro lado, no taller de estrés e ansiedade buscaranse ferramentas para paliar a ansiedade e o estrés xerados tanto por unha perda persoal como por outras situacións vitais (perda do traballo, soidade, efectos emocionais da Covid-19...).
"A pandemia e as súas consecuencias, non só para quen perdeu a algún ser querido por mor da Covid-19, senón tamén as situacións de soidade, medo, perda de relacións, cambios laborais e outras moitas, puxeron a saúde mental dos cidadáns e cidadás no foco das preocupacións das Administracións públicas", sinala a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira.
"Por iso, o Goberno municipal que dirixe Inés Rey puxo en marcha dous obradoiros no que as cidadás e cidadáns que se inscriban poderán, coa asistencia de expertos en psicoloxía, traballar a súa circunstancia persoal de dó ou estrés e ansiedade, e obter ferramentas para mellorar o seu estado emocional", agrega. "Cónstanos que esta situación que queremos abordar cos talleres afecta en maior medida ás mulleres, debido a que ao ser coidadoras, adoitan arrastrar unha maior carga emocional: a súa e a do resto dos membros do núcleo familiar" agrega Neira.
As datas e horarios dos talleres son os seguintes:
Taller de duelo
o Lugar: Centro Cívico Cidade Vella.
o Horario: De 17.00 a 18.30 horas.
o Grupos: 1 (o mesmo grupo os dous días da semana, en 16 sesións).
o Días. Martes e xoves (7, 9, 14, 16, 21, 23, 28, 30 de xuño; 5, 7 e 12 de xullo).
o Participantes: De 10 a 15 persoas.
Taller de estrés e ansiedade
o Lugar: Centro Cívico Cidade Vella.
o Horario: De 18.30 a 20.00 horas.
o Grupos: 1 (os dous días da semana, en 16 sesións).
o Días: Luns e mércores (6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29 de xuño; 4, 6 e 11 de xullo).
o Participantes: De 10 a 15 persoas.
Inscrición: A partir do día 27 en horario de luns a venres de 9.00 a 13.45 horas, e de 16.00 a 20.45 horas; sábados de 10.00 a 13.45 e de 16.00 a 20.45 horas, no propio Centro Cívico da Cidade Vella, chamando ao teléfono 981 189 885 ou na propia conserxaría do centro. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible