10 de julio de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente provincial, Valentín González, asinaron un acordo que blinda, con 1,56 millóns, a financiación da institución, a súa orientación cara a expansión do proxecto dentro e fóra de Galicia e o seu carácter divulgativo e educativo
A alcaldesa, Inés Rey, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña, representada polo seu presidente, Valentín González Formoso, que facilitará que a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) siga na súa senda de crecemento e proxección nacional e internacional.
"A OSG é unha formación de referencia dentro e fóra de Galicia. A xira por Reino Unido deste ano consolidou este perfil global que está a pasear o nome da Coruña polas máis altas esferas da escena clásica", valorou a alcaldesa, Inés Rey, que lembrou tamén a próxima xira por Colombia, que "marcará un antes e un despois na historia da orquestra, que colaborará con institucións da música como o Coro Nacional do Perú e o Coro Nacional de Colombia".
O acordo supón un investimento de 1,56 millóns de euros por parte do organismo provincial (o total do programa ascende a casi 2.28 millóns) que permitirán financiar a programación da Orquestra Sinfónica de Galicia ao longo do ano 2026, así como a actividade das súas agrupacións infantís e xuvenís, dos diferentes coros, do programa didáctico e das iniciativas destinadas a promover a música e os compositores galegos. Un dos principais obxectivos do convenio é ampliar a presenza da Orquestra Sinfónica de Galicia no conxunto da provincia, de Galicia e do mundo, e achegar a música sinfónica a públicos que non poden asistir habitualmente aos concertos que a formación ofrece na cidade da Coruña.
Pola súa banda, Valentín González Formoso destacou que "a Sinfónica de Galicia é unha das grandes institucións culturais do noso país e un motivo de orgullo para A Coruña e para toda a provincia. O compromiso da Deputación é contribuír á estabilidade e á excelencia da orquestra, pero tamén facer que a súa música chegue a cada vez máis persoas. Queremos que a Sinfónica sexa realmente a orquestra de toda a provincia, que actúe nos nosos concellos e que achegue cultura de primeiro nivel a públicos de todas as idades".
Presente e futuro
O Concello da Coruña foi o impulsor e creador da OSG, unha formación musical hoxe recoñecida a nivel internacional e entre as mellores de España, e á que o Concello, que preside o Consorcio para a Promoción da Música, achega máis de 4 millóns de euros anuais para o financiamento da formación.
A oferta anual da OSG comprende sesións escolares, concertos en familia, ensaios xerais abertos ao alumnado de secundaria e programas destinados ás diferentes etapas educativas, desde infantil ata bacharelato. Entre as propostas desenvolvidas durante 2026 figuran "El viaje de Walt", "Los colores de las cuerdas" e "Lúa", ademais de diferentes ensaios abertos da OSG. Cada ano participan nestas actividades máis de 20.000 escolares de toda a provincia. A programación desenvólvese principalmente no Palacio da Ópera, pero tamén chega a outros espazos, como o Teatro Colón, o teatro do Instituto Rosalía Mera e o Coliseum da Coruña.
O acordo asinado hoxe permitirá financiar actividades da OSG de tempada e na provincia da Coruña, actividades da Orquestra Nova e da Orquestra de Nenos e Nenas na provinvia, actividades dos Coros da OSG na provincia e o proxecto didáctico. O convenio dedícalle tamén unha partida de 60.000 euros á promoción da música galega. Esta liña inclúe a incorporación de obras de compositores galegos á programación da OSG, a súa difusión en xiras nacionais e internacionais e o impulso de novos talentos a través de iniciativas como o Premio Gaos, así como o reforzo da figura do compositor residente, a creación dunha colección discográfica dedicada ao patrimonio musical galego e a organización de concertos sinfónicos con artistas de Galicia en grandes espazos.

7 de julio de 2026

25 de junio de 2026

22 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible