22 de mayo de 2026
A Policía Local comezou a montar operativos na cidade empregando un novo equipo que facilita a detección de irregularidades nos Vehículos de Mobilidade Persoal
O Concello puxo en marcha esta semana unha campaña de control enfocada nos patinetes eléctricos e outros Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), continuando co esforzo por aplicar a nova normativo existente para este tipo de transportes, facendo un maior control do seu uso e fomentando a responsabilidade das persoas usuarias.
Para levar a cabo os controles pola cidade, a Policía Local está a probar un novidoso equipamento que facilita a verificación das condicións técnicas dos VMP en circulación e a detección de modificacións irregulares. Tamén se intensificará o control do cumprimento das obrigas administrativas, como a inscrición no rexistro de vehículos privados lixeiros, dispoñer de etiqueta identificativa e a subscrición do seguro obrigatorio.
"É tarefa do Goberno de Inés Rey e da Policía Local velar pola seguridade da cidadanía. E uso neglixente ou temerario destes vehículos supón un claro risco para manter a seguridade vial na cidade. Por iso é imprescindible facer un esforzo extra de control e seguimento. Un mal uso dos VMP pon en perigo tanto ao propio condutor como ao resto de persoas en tránsito", subliñou a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Monterrat Paz, que hoxe presentou a campaña xunto a un operativo da Policía Local.
Tal e como recordou a propia Policía, o incumprimento das obrigacións por parte das persoas usuarias destes transportes pode carrexar, alén dunha sanción económica, a inmobilización do vehículo ata que se emenden as irregularidades. No ano 2025, houbo un total de 229 multas a VMP. Ademais, foron detectados 4 positivos en alcohol e outros 4 en drogas. Non obstante, neste ano non houbo aínda ningún caso de positivo en alcohol.

25 de mayo de 2026

28 de marzo de 2026

17 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible