Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de febrero de 2020

O concello participa na Comisión de Mobilidade da Cámara de Comercio de España

Yoya Neira expuxo as liñas principais da política de mobilidade do Goberno municipal e destacou a aposta polos traballos sobre mobilidade peonil e a importancia de infraestruturas de mobilidade como a nova Intermodal

A segunda tenente de alcaldesa, Yoya Neira, asistiu esta mañá en Madrid á Comisión de Mobilidade da Cámara de Comercio de España, un comité creado pola propia entidade en que participan o Goberno do Estado, as administracións locais, institucións públicas e privadas e grandes empresas do sector. O obxectivo desta comisión é ampliar o coñecemento sobre a mobilidade urbana e identificar as opcións de actuación e as súas diferentes consecuencias económicas, sociais e ambientais.

Na súa intervención, Yoya Neira agradeceu a invitación a participar nesta comisión e expuxo as liñas principais da política de mobilidade do Goberno municipal da Coruña. Neira descatou "a aposta polos traballos sobre mobilidade peonil, os traballos realizados en materia de Axenda Urbana e a importancia de infraestruturas de mobilidade" como a nova Intermodal.

Esta primeira sesión, a constitutiva da comisión, tivo lugar en Madrid e nela decidiuse a creación de tres grupos de traballo sobre a mobilidade interconectada, a mobilidade segura e sustentable e a mobilidade planificada.

Madrid, Barcelona, Pamplona e A Coruña foron as administracións locais que participaron nesta comisión constitutiva.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión