23 de junio de 2021
A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, destacou a importancia de volver a reivindicar a presenza do colectivo LGTB e de celebrar que “Somos, Estamos e Amamos”, tal e como reza o lema deste ano
A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou esta mañá o programa para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTB, un conxunto de iniciativas que deseñaron conxuntamente entre a concellería, o espazo municipal das diversidades sexuais e as identidades de xénero e mais as entidades da cidade que achegaron as súas propostas. En concreto, explicou que este ano colaboraron con Corufest, CASCO, ALAS Coruña, Les Working, Les Coruña, ARELAS e ORCO e destacou que sen o activismo de todas estas asociacións esta sociedade non sería o que é hoxe. A edila sinalou que despois das dificultades que supuxo a pandemia para reivindicar a igualdade dos colectivos máis vulnerables, toca o momento de celebrar que "Somos, que Estamos e que Amamos" parafraseando o lema desta edición. Yoya indicou que as persoas LGTB teñen que estar cada vez máis presentes e facer máis visibles as inxustizas que poidan sufrir porque "elas son un exemplo de amar como resposta ao odio que puideron padecer". Ademais, recordou o compromiso do goberno de Inés Rey por impulsar políticas de igualdade e apoiar o tecido asociativo que traballa incansablemente por conseguila.
Deste xeito, a programación comezará o sábado e estenderase durante case tres semanas até o 15 de xullo. Consistirá nas seguintes actividades:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible