3 de julio de 2021
As familias poden consultar na web do Concello a relación de admitidos/as e daquelas persoas que deben completar a documentación presentada e que disporán até o día 16 de xullo para facelo.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade publica a listaxe provisional das bolsas comedor na páxina web de Servizos Sociais do Concello: https://www.coruna.gal/serviciossociales
A concellería recibiu un total de 3.384 solicitudes, un 6% más que na convocatoria anterior, un 61% más que hai 2 anos e un 130% más que hai 3.
As familias cuxa solicitude non foi admitida terá de prazo até o 16 de xullo para presentar a documentación que se lle solicita nas oficinas dos rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa con cita previa ou na sede electrónica municipal https://sede.coruna.gob.es/
As persoas responsables da concellería destacan que este porcentaxe de solicitudes incompletas é inferior o de outras convocatorias debido ás melloras introducidas este ano nos modelos de solicitude, así como a formación que recibiu o persoal traballador nos rexistros municipais que asesoraba as persoas solicitantes no momento de rexistrar as súas as solicitudes, o que permitiu revisar máis de 80 expedientes ao día e reducir o tempo de espera até a publicación da listaxe.
Unha vez que se finalice o prazo de corrección, valoraranse estas solicitudes e procederase á publicación da listaxe predefinitiva en que xa figurará unha proposta provisional de concesión ou denegación.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible