Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de mayo de 2021

O Concello utilizará o pavillón do IES Rafael Puga Ramón para actividades deportivas tras a cesión da Deputación

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron o convenio que lle permitirá ao consistorio contar con máis espazos deportivos para se adaptar ás restricións de capacidade derivadas da pandemia

A Deputación da Coruña cédelle ao Concello da Coruña, até o mes de xuño do ano 2022, o uso do pavillón polideportivo do IES Rafael Puga Ramón para que poida levar a cabo neste espazo as actividades deportivas municipais.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron no pazo provincial o convenio entre ambas as entidades, que aumentará os espazos deportivos que pode usar o Concello e que lle permitirá adaptarse ás restricións de capacidade derivadas da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Rey agradeceulle á Administración provincial a súa colaboración, vontade e axilidade para que as coruñesas e os coruñeses dispoñan de máis recintos deportivos para usar mentres as restricións sigan vixentes.

Este acordo non interferirá no funcionamento habitual do centro educativo xa que se establece un horario de ocupación das instalacións de 18.30 a 00.00 horas, de luns a venres, e sen limitación durante a fin de semana sempre que a actividade non resulte incompatible coas do instituto. Ademais, o persoal municipal designado polo Concello encargarase de realizar a limpeza diaria e a desinfección da instalación.

O pavillón polideportivo do IES Rafael Puga Ramón conta cunha pista cuberta que dispón de sinalización con dimensións regulamentarias para a práctica de voleibol, baloncesto, balonmán, fútbol sala e tenis.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión