Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de septiembre de 2020

O Teatro Rosalía de Castro adáptase á nova normativa autonómica para a prevención da Covid-19 nos recintos culturais

O obxectivo é minimizar os riscos de contaxio e ofrecer “un servizo de calidade nun teatro seguro”, aseguran desde a dirección do teatro coruñés

O Concello da Coruña, en cumprimento do establecido na normativa de prevención e loita contra a Covid-19 publicada no DOG nº183-Bis do 09/09/2020 para a realización de actividades en teatros, cines e outros recintos culturais, informa de que realizará varios cambios no funcionamento do Teatro Rosalía de Castro.

Deste xeito, e nun exercicio de prudencia e de minimizar os riscos de contaxio, O Concello decide reducir a capacidade deste teatro a un máximo do 50%, deixando sempre unha localidade libre ao carón de cada asento ocupado. Debido a que moitas entradas de espectáculos vendéronse antes do confinamento, cando a capacidade era completa, e outras cando a normativa era diferente á actual, desde a dirección do Teatro Rosalía de Castro sinalan que se ven "obrigados a resituar boa parte das localidades para garantir unha distancia de seguridade interpersoal". Estas localidades sempre estarán recolocadas no mesmo sector de rango e prezo.

Desde o Teatro Rosalía de Castro, Paulo Rodríguez faise un chamamento ao público e pídelle que "veña un pouco antes do habitual" pois "a recolocación haberá que facela in situ".

Os espectáculos afectados por esta norma son:

• Concerto de DeQuenVesSendo

• Espectáculo do Ciclo Principal Primavera 2020, con nova data, Nekrassov.

• Espectáculo do Ciclo Principal Primavera 2020, con nova data, Sueño de una noche de verano.

Tanto o Concello como a dirección do Teatro Rosalía de Castro queren ofrecer "un servizo de calidade nun teatro seguro" e agradecen a compresión do público. "Estamos convencidos de que entre todas e todos sairemos disto cunha conduta responsable", sinala.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión