12 de octubre de 2020
Segundo a alcaldesa, Inés Rey, optimizaranse as infraestruturas e a mobilidade nas inmediacións dos centros educativos Anxo da Garda, Juan Fernández Latorre, Zalaeta, Sal Lence e Pardo Bazán
O Concello da Coruña mellorará as contornas escolares dos colexios Anxo da Garda, Juan Fernández Latorre, Zalaeta, Sal Lence e Pardo Bazán, co obxectivo de mellorar tanto as proximidades inmediatas como a accesibilidade e os percorridos seguros cara os centros educativos. Este proxecto enmárcase dentro da Estratexia EidusCoruña e está financiado en un 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A alcaldesa, Inés Rey, destaca o compromiso do concello coa mellora da accesibilidade dos centros educativos da cidade: "Somos un goberno que escoita as demandas da veciñanza, e proba disto son as obras xa acometidas durante este ano de mandato na cidade en materia de seguridade nos accesos a varios colexios como o Víctor López Seoane, en Monte Alto, onde se mellorou a vía Ártabra, ou a contorna do colexio Raquel Camacho". Rey tamén lembrou outras intervencións como a peonalización da rúa Monte das Moas, na contorna do centro escolar do Anxo da Garda, ou a reurbanización da rúa Victoria Fernández España en que se peonalizou esta vía que dá acceso ao IES Menéndez Pidal de Zalaeta. En Novo Mesoiro, sinala, tamén se habilitou unha parada de autobús escolar e un novo paso de peóns que afectan ambos os dous á mellora da contorna do novo centro educativo de Novo Mesoiro.
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible