30 de septiembre de 2020
Os tributos municipais poderanse pagar, a través de xiro postal, en calquera das 2.393 oficinas de Correos.
A alcaldesa, Inés Rey, asinou esta tarde un convenio de colaboración con Correos polo cal se lle facilitará á cidadanía o pagamento, mediante un xiro postal, de débedas tributarias e outras de dereito público xestionadas polo consistorio coruñés. Este novo servizo ás persoas contribuíntes, tras unha breve fase de implantación, entrará en funcionamento a partir da data da sinatura e estará en vigor durante os próximos catro anos. No acto tamén estivo o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel lage.
Con este convenio, Correos porá ao dispor do Concello da Coruña a súa rede de 2.393 oficinas distribuídas por toda España, en que lle ofrece á cidadanía, entre outros, os servizos de xiro postal, o que lles facilitará o cumprimento das obrigas tributarias que teñan co Concello da Coruña.
Inés Rey explicou que coa sinatura deste convenio o Goberno local dá un paso máis na súa intención de facilitar e axilizar a relación entre a Administración e a veciñanza. O convenio permitiralles ás coruñesas e aos coruñeses pagaren os seus tributos desde calquera punto de España. "O noso obxectivo é lograrmos unha administración máis áxil, fácil e sinxela; máis accesible e próxima á cidadanía", dixo.
Pola súa banda, o presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, sinalou que "Correos continúa ofrecéndolles os seus servizos a institucións, administracións e empresas co fin de facilitar a vida das e dos cidadáns e impulsar e desenvolver a actividade da súa rede de oficinas, un activo que lles garante o acceso ao servizo público a todas e a todos e que contribúe á cohesión territorial e ao desenvolvemento económico de persoas e empresas, tanto en ámbitos urbanos como nas zonas rurais de España".
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible