2 de enero de 2021
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, apuntou que “durante este último trimestre tamén se colocaron novos contedores de aceite e nos próximos meses seguiremos instalando máis, procurando que en todos os barrios teñan algún preto e que ademais formen parte das novas illas de contedores de monomateriales como son o vidro, cartón, roupa ou pilas”
Durante os dous últimos meses do ano o Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, e o colectivo Mulleres Colleiteiras desenvolveron unha campaña de información sobre a importancia da recuperación do aceite usado con destino á súa reciclaxe e reutilización con outras finalidades.
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, apuntou que "durante este último trimestre tamén se colocaron novos contedores de aceite e nos próximos meses seguiremos instalando máis, procurando que en todos os barrios teñan algún preto e que ademais formen parte das novas illas de contedores de monomateriales como son o vidro, cartón, roupa ou pilas".
A concelleira tamén sinalou que "a actividade deste colectivo é un claro exemplo non só da importancia da economía circular senón tamén da economía social xa que este grupo está integrado na súa totalidade por mulleres en risco de exclusión que atoparon nesta tarefa un medio de vida ao mesmo tempo que contribúen dunha maneira importantísima ao mantemento dun medio ambiente máis sostible".
A campaña comezou na zona de Orillamar e o Mercado das Conchiñas a finais do mes de outubro, e seguiu nestes días polos mercados municipais de Elviña, Praza de Lugo e San Agustín. Nestes encontros coa veciñanza, tanto os membros de Mulleres Colleiteiras como a propia edila, explicáronlles persoalmente as e os cidadáns a importancia de recoller o seu aceite usado en botellas de plástico para logo levalas aos contedores laranxas en lugar de tiralo polo desaugadoiro. Para facilitaren esa tarefa de recollida, dixo Fontán, "fíxoselles entrega dun funil con tapa para a súa almacenaxe, chegando a distribuír case un dous mil entre as persoas que se achegaron a informarse".
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible