16 de marzo de 2021
A alcaldesa participou esta tarde no primeiro foro “Pensando en educación”, que abriu o secretario do Estado de Educación, Alejandro Tiana, no Paraninfo da Universidade
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde na apertura do primeiro Foro de Educación "Pensando en educación", que se celebrou no Paraninfo da Universidade e en que o secretario do Estado de Educación, Alejandro Tiana, afondou sobre os retos educativos actuais.
A rexedora sinalou durante o acto que este encontro organizado polo Concello se concebiu como unha oportunidade excelente para abordar un debate que está permanentemente aberto: "Celebralo é tamén a nosa aportación para seguirmos perfeccionando unha educación inclusiva, diversa e integral". Deste xeito, afirmou que o Goberno municipal asumiu como reto reactivar o compromiso coa educación a través da Rede de Cidades Educadoras, "onde volvimos xogar un papel activo" e engadiu que esa implicación se constata tamén na oferta de programas específicos educativos, culturais ou deportivos para estudantes, ou nas actividades extraescolares a través das AMPAS, "que complementan os aspectos puramente curriculares".
Así mesmo, a alcaldesa recordou que neste último ano "tivemos a oportunidade de reafirmarmos este compromiso, cando o Concello reaccionou cos medios que tiñamos e co apoio da comunidade educativa e a colaboración de centenares de voluntarias/os, ante o evidente risco de que o confinamento ensanchara a brecha social dificultando o acceso á continuidade da formación de nenas e nenos, en particular ás e aos máis desfavorecidos", asegurou Rey.
Na conferencia inaugural tamén interviñeron a vicerreitora de planificación académica e innovación da UDC, Nancy Vázquez; e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín.
A seguinte cita do foro terá lugar da man de Amelia Valcárcel, conselleira electiva de Estado e vicepresidenta do Real Padroado do Museo do Prado, que estará o 27 de abril para tratar "A civilización feminista". As persoas interesadas en asistir á charla poderán retirar as invitacións días antes a través da web do Concello ou ben seguila por streaming.
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible