20 de noviembre de 2020
A alcaldesa participou esta tarde xunto con parte da corporación municipal nunha cadea humana até a Cociña Económica organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña dentro dunha xornada en que o colectivo recolleu máis de 30 toneladas de comida para o Banco de Alimentos
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde xunto con parte da corporación municipal nunha cadea humana até a Cociña Económica organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña. Con este acto simbólico, o colectivo pechou unha xornada solidaria en que recolleu coa colaboración do Concello máis de 30 toneladas de comida para o Banco de Alimentos. A rexedora destacou o xesto do sector que volveu á praza de María Pita na que se manifestou hai unhas semanas "para doar os seus produtos coa incerteza ás costas".
Rey falou de que esa mesma solidariedade que hoxe nos demostran con esta iniciativa está tamén na cidadanía que acode a eles para lles formalizar pedidos estes días e a que regresou a poboar as súas mesas no verán: "Foi tamén a que fixo que moitos de vós pecharades de forma voluntaria porque non viades a vosa clientela segura". Neste sentido, Rey afirmou que "desde María Pita temos que gobernar para todos, pero co foco posto nos sectores máis afectados pola crise". Engadiu que nesta praza que escoita "as vosas reivindicacións e entende as vosas queixas e medos, seredes sempre unha das nosas prioridades".
Pola súa banda, o presidente da asociación hostaleira, Héctor Cañete, destacou o grande esforzo realizado polas súas compañeiras e compañeiros co fin de recompilaren toda a mercadoría que non poderán preparar nos seus negocios hoxe pechados.
13 resultados
El 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
El 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
El 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
El 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
El 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
El 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver más
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible