Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Praza da Constitución

A Praza da Constitución é adxacente á Praza de Azcárraga recibindo a mesma denominación histórica que esta última ata que, tras a Guerra Civil, recibiu a súa propia denominación.

Palacio de CaPita nía Xeral

A praza se encuentrea presidida polo Palacio de CaPita nía Xeral. O primeiro Palacio de CaPita nía levántase alá polo século XVI no mesmo terreo onde está situado o actual. O paso do tempo deteriora de tal forma o vello edificio de solados de madeira que o século XVIII ve como acaba definitivamente a súa vida útil.

En 1748, por Real Orde de Fernando VI se reedifica no mesmo solar un novo edificio, que deberá contar con reloxo, cisterna, habitacións para a vivenda do capitán xeral e as dependencias do tribunal da Audiencia. Para financiar as obras, acordouse crear un imposto dun maravedí por cada azumbre de viño que se cultivase en Galicia.

No proxecto inicial, do enxeñeiro militar D. Juan de Verxel, exponse un edificio de tres plantas, rectangular e cun patio interior. O 6 de novembro de 1748 colócase a primeira pedra do edificio. Verxel falece en 1750, substituíndolle D. Francisco Llovet, que dirixe as obras ata a súa conclusión, introducindo importantes cambios ata o punto que se cre que só respecta as dimensións da planta e do patio interior.

A construción do edificio, que conta con dúas entradas para diferenciar claramente as dependencias da Real Audiencia das da CaPita nía Xeral, ten unha duración de catro anos, dous máis dos previstos.

As sucesivas intervencións ata o mesmo século XX só afectarán á distribución interior, a cisterna, as canalizacións de pluviais e as naves abovedadas do soto do edificio para arquivo.

En 1910, a planta alta destínase a zonas nobres e vivenda do Capitán Xeral, no lateral esquerdo do edificio constrúense as cuadras que se transformarán progresivamente en garaxes e o arquivo, nos sotos do edificio, reconvértese en dormitorios.

Finalmente, en 1996, realízase a última reforma de importancia que afecta tanto o Palacio como á Praza da Constitución. Nesta colocáronse un cruceiro e unha réplica de canóns.

Igrexa de Santiago

Na praza tamén se pode observar a parte traseira da Igrexa románica de Santiago, que fué construída a metade do século XII aínda que posteriormente experimentou distintas reformas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión