Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña, CidadEclipse

A Coruña, CidadEclipse

A Coruña, CidadEclipse

O Concello ofrece unha ampla programación vinculada coa eclipse total de sol do 12 de agosto de 2026

A Coruña será un dos mellores lugares de Europa para gozar da eclipse total de sol prevista para o 12 de agosto de 2026. O Concello constituíu unha comisión especial de seguimento para lle ofrecer á cidadanía e ao turismo a mellor experiencia posible.

Baixo o lema A Coruña, CidadEclipse, organizaranse exposicións, charlas divulgativas, accións culturais e crearanse puntos de observación para este acontecemento histórico, que non se vive na cidade desde 1905 e non se repetirá ata o ano 2180.

Accións previas

  • Campaña divulgativa: o Concello desenvolverá unha campaña en centros educativos e centros cívicos a partir do mes de marzo, co obxectivo de informar a cidadanía de todo o que necesita saber sobre a eclipse.

  • Museos Científicos: haberá unha programación especial do Planetario vinculada coa eclipse e organizarase unha exposición itinerante.

Accións para o 12 de agosto

  • Puntos de observación: haberá múltiples puntos de observación na cidade. Entre eles, O Portiño e o Monte de San Pedro, para os que se deseñou un dispositivo especial de tráfico con reforzo do servizo de transporte urbano.
  • Puntos especiais de observación nos barrios: cada barrio e distrito disporá dun punto especial de observación da eclipse e tamén se habilitará un punto accesible para as persoas con mobilidade reducida, na Coiraza do Orzán.

  • Programación cultural especial: haberá diferentes accións culturais especiais, entre elas as actuacións da orquestra Os Satélites en María Pita e un concerto especial de Rosana no parque de Santa Margarida.

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión