A segunda edición do festival Galiza canta lírico estrea a zarzuela “A man da Santiña”, composta por Marcos Mato sobre a peza teatral escrita por Ramón Cabanillas por encargo de Antón Vilar Ponte para a primeira montaxe do Conservatorio Nazonal do Arte Galego, impulsado polas Irmandades da Fala.
Para público en xeral
10/05/2026
19:30 h
75 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao rematar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
agora@coruna.gal
A peza estreouse na Coruña o 22 de abril de 1919 no Pavillón Lino da Coruña. O empresario e filántropo Enrique Peinador publicou o manuscrito na imprenta do balneario de Mondariz en 1921.
A man da Santiña foi a primeira comedia contemporánea de costumes señoriais, vehiculada na lingua do país.
Retrata a vida da burguesía galega para elevar o idioma a contextos cultos. Tenta o autor adecuar o teatro aos novos tempos urbanos a través da vida cotiá da clase media e a burguesía, mostrando personaxes de certo nivel económico e social.
A obra destaca por demostrar que o galego é apto para temas delicados, fermosos e refinados, superando a visión de que fose unha lingua exclusiva para temas rurais.
Baixo a dirección musical de Marcos Mato, Marta Casas dirixe o espectáculo co seguinte elenco:
Cantantes: Marta Casas, Julia Portela, Sergio Malvar, Miguel Rivas, Pablo Nieves, Sara Reija, Teresa González e Chema Ares.
Músicos: Jorge García, Adolfo Alemany, Moisés Gestal, Pepe Ríos e Álex Ruiz.
Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

15/05/2026
Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible