Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A recuperación da memoria histórica na literatura galega do S. XXI

O xoves 24 de marzo, ás 19.30 h, Diego Rivadulla falaranos do papel da literatura galega na recuperación da memoria histórica.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/03/2022

Xa rematou

Horario:

Luns a xoves de 19.30 a 21.00 horas (excepto durante os meses de verán, que permanecerá pechado)

Enderezo:

Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002

Prezo:

Para asistir á proxección debe inscribirse aquí

Organiza:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Contacto:

A. C. Alexandre Bóveda

Rúa Olmos, 16, 1º

15003 A Coruña

Teléfono 981 200 869

Tras décadas de silencio público en torno ao pasado traumático colectivo, Galicia vive desde principios do século XXI inmersa nun boom de memoria que incuye o ámbito socio-político, o cultural, o artístico e mesmo o académico. A literatura, sobre todo a narrativa e o teatro, xogaron un papel fundamental neste fenómeno memorialista e han contribuído de maneira decisiva á configuración dunha memoria cultural galega da guerra civil e o franquismo.

Diego Rivadulla Costa é licenciado en Filoloxía Hispánica e graduado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios pot a UDC. Doutor en Estudos literarios, actualmente é investigador posdoctoral no grupo ILLA da Universidade da Coruña.

Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Trátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas.

As catro sesións previstas terán lugar o 24 de marzo, o 28 de abril, o 26 de maio e o 30 de xuño, e estarán a cargo de investigadores e investigadoras noveis.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión