Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A regueifa de Bergantiños

A poesía oral improvisada é unha manifestación poética-musical universal, dende a nosa regueifa ao punto guajiro. A palabra “repentista” para definir a quen a practica é un termo recente e global que oculta unha rica variedade: regueifeiras/os e brindeiras/os na Galiza, e máis alá bertsolaris, de corrandistas, de glosadores, de troveros, payadores, huapangueros, galeronistas, cantadores de mejorana...

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/11/2020

Xa rematou

Horario:

19.00 h

* Ás 18:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.

Duración:

90 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

30

Prezo:

de balde

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Levar papel e lapis para anotar as propias improvisacións.

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Unha parte de nós necesita regueifar... A regueifa e o brindo son formas de nos comunicar propias da cultura galega, cuxa vitalidade e potencia provén tanto da forza creativa e orixinal da tradición, de tempo inmemorial, como da vixencia dos seus valores e contidos, das súas cualidades pedagóxicas e de lecer.

A asociación veciñal Agra, do barrio da Agra do Orzán, convida a celebrar, mesmo anticipadamente, o día internacional do patrimonio mundial, coa actuación de Lupe Blanco, unha das nosas máis rabudas regueifeiras, que conseguirá que cantemos os versos improvisados polo público.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión