Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A trastenda do Aquarium Finisterrae

Unha visita guiada polas zonas técnicas do acuario coruñés

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/06/2023

Xa rematou

Inscricións:

As entradas poden adquirirse desde as 10.00 horas do mércores 14 de xuño aquí

Horario:

Sábado 17 de xuño, de 11.30 h a 13.30 h

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

12

Prezo:

10 euros por persoa.

Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares da Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.

As entradas poden adquirise desde as 10.00 horas do mércores 14 de xuño aquí

Requisitos:

O itinerario ten lugar por corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.

Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man do persoal técnico do Aquarium Finisterrae, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Inclúe o acceso ás salas de bombeo e de filtración, ao laboratorio, á cociña, ás corentenas e á sala de cultivos auxiliares. Tamén será unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida ademais para responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.

En xuño

Realizarase unha sesión cada mes para un máximo de doce persoas, que deberán ser maiores de 16 anos. Este mes a actividade terá lugar o sábado 17 de xuño.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión