Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ábaco en familia. Encontros para familias

Novo encontro para pais, nais, fillas e fillos. Tentaremos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a Biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Familias, Infantil

Cando:

11/05/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/05/2021 ata o 11/05/2021

Horario:

de 18.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Número de prazas:

8

Contacto:

brosales@coruna.es

Tel.: 981 184 389

A estimulación mental achega grandes beneficios a todas as idades e promove a creatividade. Neste obradoiro, a cargo de Neuromotiva, crearemos un espazo divertido e novo para adestrar a atención e o cálculo de todos os membros da familia, iniciándonos no manexo do ábaco xaponés ou soroban, estimulando as tres canles de aprendizaxe do noso cerebro. Aprenderemos a historia do ábaco, os movementos básicos para adestrar a atención, a memoria e o cálculo, cunha metodoloxía activa, participativa e moi motivadora. Este obradoiro práctico permite a pais, nais e fillos e fillas a manipulación directa do ábaco para unha mellor comprensión da actividade.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. É imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.

Agardámosvos!

Medidas COVID

  • Uso obrigatorio de máscara.
  • Uso obrigatorio de xel hidroalcohólico antes de entrar á biblioteca
  • Mantemento da distancia de seguridade entre persoas ou grupos de persoas que acceden xuntas.
  • Declaración responsable. Todas as persoas que asistan ás actividades deberán asinar unha declaración onde manifesten que non presentan ningún síntoma compatible coa COVID-19 e no caso de presentalos comprométense a non asistir. O documento será facilitado polo persoal bibliotecario antes de cada actividade para a súa sinatura.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión