Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Abba Taano

Concerto Solidario de Góspel

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/11/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Colexiata de Santa María do Campo. Rúa Damas 24. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre

Solicitarase donativo despois do concerto

 

Góspel africano, góspel americano e canto étnico.

Aba Taano son 5 voces cálidas, 5 mozos e mozas cheos de humor, alegría e dinamismo. Cantos a capella, escenificados, movidos e amenos. Unha música distinta, unha formulación orixinal, un repertorio propio e moitísimas táboas son as características destes 5 mozos ugandeses que percorreron a maioría dos auditorios de España. Os seus compoñentes residen normalmente en Uganda e viaxan regularmente a España. Cantaron xa en máis de 12 países de Europa e en todos os sitios cultivaron o mesmo entusiasmo.

En xullo de 2014 gañaron unha medalla de ouro nas Olimpíadas da Voz en Letonia, nun encontro de 26.000 cantantes!

Durante o mes de decembro 2015 participaron no Concurso Kaunas Cantate Domino en Lituania onde arrasaron conseguindo o Primeiro Premio, unha Medalla de Ouro, dúas Medallas de Prata, o Premio á Expresividade e o Premio do Público.

Nas próximas semanas lanzarán o seu quinto disco que se sumará aos títulos xa publicados ata o momento, Sitembele, Ukuthula, Woza e un álbum do Nadal.

Cantan góspel africano, canto tribal, melodías populares en Luganda, Swahili, Ancore, Zulu, Lingala, Acholi etc.

Aba Taano orixinouse no orfanato de Música para Salvar Vidas en Uganda e agora coas súas voces recadan fondos o orfanato do que saíron. Aba Taano é o maior apoio financeiro da ONG Música para Salvar Vidas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión