Abrindo a nosa colección 3: Carpeta homenaxe a Picasso. Carteis, Málaga, 1977
Para público en xeral
Dende o 19/09/2023 ata o 30/11/2023
Xa rematou
- Luns: pechado
- De martes a sábado
Mañás das 11.00 ás 13.30 h
Tardes: das 18.00 ás 20.00 h
- Domingos e festivos
Mañás das 12.00 ás 14.00 h
Casa Museo Picasso. Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña
Entrada gratuíta
Concello da Coruña
+ (34) 981 189 854
Unha proposta artística que recolle 24 pezas en forma de carteis, correspondentes a autoras e autores que, nos anos da Transición, en clave política e cultural, lembraron o legado de Picasso.
A exposición, xa aberta ao público, terá continuidade ata o xoves 30 de novembro, reforzando o abano de iniciativas promovidas no contexto da 'Celebración Picasso 1973-2023', que conmemora o 50.º aniversario do falecemento do artista malagueño, que pasa parte da súa infancia na Coruña.
Neste sentido, a listaxe de pezas, todas creadas no ano 1977, destacan pola súa diversidade estilística. Hai carteis elaborados a base de colaxe e aerógrafo sobre cartolina, outros con tinta e gouache, e algúns onde o autor traballou con rotulador e ceras. Son, en todo caso, traballos que, ademais de mostrar unha admiración ao traballo e conceptos de Picasso, tamén mostran o compromiso político dos seus creadores para cos tempos de cambio que estaban a vivir, no contexto das primeiras eleccións libres que tiñan lugar no país desde os tempos da Segunda República, coa ditadura entre medias.
Para a creación do cartel correspondente a esta mostra, que inclúe a autoras e autores cataláns, madrileños e aragoneses, foi fundamental o traballo de José María Calzada Dalmases 'Kaydeda', recoñecido artista multidisciplinar, escritor e coleccionista que mobilizou as e os profesionais plásticos con sede en Cataluña para lle ir dando forma á selección de carteis. Desta forma, o público que se achegue a gozar da mostra poderá contemplar as creacións de Asensi, Dámaso Soler, Elvira Fustero, Pedro Díez Gil, Amelia Riera, Fernando Soriano, Esther Boix, Concha Ibáñez ou do propio 'Kaydeda', entre outras e outros.
Entidades

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible