Publicada a listaxe provisional das persoas admitidas e non admitidas para participar na selección do PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XII
Para público en xeral
Dende o 11/04/2024 ata o 17/04/2024
Xa rematou
Ábrese un prazo de presentación de emendas de cinco días hábiles, dende o 11 ao 17 de abril de 2024, para que, no caso que corresponda, se poidan realizar alegacións sobre a base da documentación presentada.
Ditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais (situados no Pazo municipal de María Pita, Forum Metropolitano e Ágora) ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, ofrece a titulados de grao superior de FP a oportunidade de realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de diversos países de Europa (Malta, Italia, Portugal, República Checa, Polonia ou Austria), para promover a adquisición de competencias profesionais e mellorar as oportunidades de emprego, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países.
Máis información30/04/2024
02/05/2024
04/05/2024
07/05/2024
Dende o 08/05/2024 ata o 10/05/2024
Dende o 29/04/2024 ata o 13/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible