Traidora, avogada do diaño... Á letrada xudía Lea Tsemel chamárona de todas as formas posibles.
Para público en xeral
Dende o 07/12/2023 ata o 09/12/2023
Xa rematou
Xoves e venres ás 20.00 h
Sábado ás 17.30 e 20.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
Está especializada na defensa de prisioneiros políticos palestinos e non ten pelos na lingua cos seus compañeiros de profesión. Acepta os retos máis difíciles, como o de representar a acusados palestinos que cometeron, presuntamente, delitos de terrorismo ou crimes contra cidadáns israelís, baixo a convicción de que a represión que sofre Palestina xustifica a súa loita pola liberación da súa terra.
Un seguimento exhaustivo durante a preparación das defensas de dous casos concretos, -o de Ahmad, un neno de 13 anos acusado de participar nun apuñalamento dun mozo israelí e o de Israa Jaabis, acusada polos oficiais israelís dun intento frustrado de atentado suicida-, achéganos á inclasificable e excepcional personalidade da protagonista. Defensora dos dereitos humanos e cunha enerxía inesgotable, leva máis de cinco décadas denunciando o estado de ocupación e represión que sofren os palestinos e, á vez, tentando facer entender á opinión pública que o goberno de Israel é responsable desta violencia.
A historia dun terremoto no gremio da avogacía en Israel, desde onde Lea Tsemel envíanos un rogo e unha mensaxe poderosa: "Deberedes tentar comprenderme porque son o futuro".
Documental
Israel - Canadá - Suíza 2019
Duración: 110 min
NRM 16 anos
Proxección en VOSE
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible