Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ágora Comedia: "Dentro y fuera" – Pepe y Lucas

Pepe e Lucas, os irmáns galegos que conquistaron TikTok co seu humor e creatividade, están a prepararse para dar o salto aos teatros.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/09/2025

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Prezo:

  • Entrada xeral: 15,00 €
  • Descontos: Carné Xove ou + 65 anos: 12,00 €, Familia numerosa: 11,25 €

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

  • Esíxese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de se ocupan ou non butaca.
  • Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (excepto auga).
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • A capacidade da sala é limitada, polo que che recomendamos adquirir as túas entradas con antelación para asegurares a túa praza.
  • Por cuestións de seguridade, os carriños e cadeiras de bebé deben permanecer fóra da sala.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación.

Con máis de 1,8 millóns de seguidores, o seu contido reflicte un estilo fresco e próximo, inspirado na súa infancia nunha aldea galega. Agora, buscan trasladar o seu éxito dixital ao escenario, levando a súa comedia a un novo nivel cun show en vivo que promete risas e complicidade co público.

Venda de entradas

  • Despacho de billetes da praza de Ourense: aberta de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

  • Despacho de billetes do Centro Ágora: dispoñible unicamente os días de función, dende unha hora antes de que comece o espectáculo.

  • Tamén podes mercar as túas entradas en liña a través de Ataquilla.com.

PAGOS: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, excepto American Express.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS NOSOS ESPECTÁCULOS EN www.coruna.gal/cultura

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión