Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

AGORAPHOBIA e THE TRUNKS BAND

Xoves de música no teatro Colón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/04/2017

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Agoraphobia volve con forza. Tan só un ano e medio desde o lanzamento do seu EP debut 'Dirty Little things', esta nova banda de indie rock publica 'Ready to Play', preparada para dar o gran salto á escena internacional. Gravado e autoproducido integramente nos estudios Nakra (A Coruña), Agoraphobia perfila un son moito máis persoal e maduro que as sitúa como sólidas candidatas a facerse un oco no panorama musical nacional. Contundencia e distorsión son o nexo entre cinco temas directos e homoxéneos fieis ao seu principio de narrar historias e crear universos sonoros paralelos que conflúen nun único obxectivo: facerlle bailar á xente.

O seu background é o seu mellor aval. Gañar o Vodafone Yu Music Talent no ano 2013 foi o comezo da súa meteórica carreira. No 2014, xiraron por toda España con artistas como Delorean, Lory Meyers, The Zombie Kids ou Russian Red. Dous anos consecutivos participando no South by Southwest (SXSW) Texas, a feira musical onde se dan cita as bandas noveis máis relevantes de todo o mundo, permitiulles cultivar un éxito moi por encima das expectativas iniciais abrindo camiño para novas oportunidades noutros países.

The Trunks é unha banda de Indierock de Sada que nace no 2011, formada por Rodrigo Valiente (voz/teclados), Manuel Nuky (guitarra), Fran Yosi (guitarra), Rubén Suárez (baixo) e Rob Toretto (batería).

No 2012 participan na 15ª edición do festival Sonorama compartindo cartel con grupos como Vetusta Morla, Love of Lesbian, Dinero etc. No 2013, ademais de xirar por toda a xeografía galega, The Trunks consegue facerse un oco no Festival Sardines de Sada compartindo escenario con Dorian, Sidonie e Miss Caffeina. No 2014 gañan tres concursos aos que se presentan e obteñen o premio á mellor banda da Coruña de Cuac FM e mellor banda no Festival MusicaXove realizado en Santiago de Compostela. Ese ano comparten escenario con varios grupos consolidados como Los Suaves.

En novembro gravan o seu novo videoclip de 'Mágica' acompañados de María Mera como actriz protagonista, producido por MT e DRS. En xuño do 2015 lanzan o seu primeiro LP "Bipolar" gravado entre os estudios Drum&Roll da man de Iago Blanco, estudios da SGAE Santiago de Compostela con Gerardo Amigo e a mestura de Mihai Tanasesku. Foi masterizado por Steve Corrao en Sage Studios (Nashville).

Reciben o primeiro premio do festival Castelo Music 2015, como mellor grupo. E en agosto, en Sonorama 2015, poñen patas arriba a Plaza de La Sal, no escenario Red Bull Tour Bus. Recentemente obteñen o primeiro premio no concurso de bandas Rock in Río Tea 2016 e actúan no Festival Sonorama 2016 por segundo ano consecutivo, esta vez na Plaza de El Trigo cun cheo completo. Este mesmo ano entran nos estudos Neo para gravar o que será o seu segundo traballo "Sobre excusas y fragmentos" da man de Jose Caballero, correndo a masterización a cargo de Alex Cappa de TMF Studios.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión