AI: More than Human, un ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial.
Para público en xeral
Dende o 05/09/2022
https://www.afundacion.org/es/agenda/evento/exposicion-more-than-human-coruna
A mostra realiza un percorrido completo a través da historia da Intelixencia Artificial, desde as súas orixes ancestrais ancoradas na relixión sintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para iso, AI: More than Human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática do Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como o músico Kode9, ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai entre outros.
Dende o 12/01/2023 ata o 12/02/2023
Dende o 20/01/2023 ata o 12/03/2023
Dende o 18/01/2023 ata o 09/04/2023
O vindeiro mércores 18 de xaneiro, ás 20.00 horas, a Fundación Luís Seoane acollerá a inauguración de Manancial de sombras, a nova exposición de Xulio García Rivas, un proxecto comisariado por Sara Donoso que amosa a produción máis recente do artista pontevedrés. A entrada ao acto é libre.
Dende o 03/12/2022 ata o 30/04/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible