Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Amancio Prada canta Rosalía de Castro

No 2015 cúmprense 40 anos da edición do disco monográfico Rosalía de Castro (movieplay, 1975). Era o meu segundo disco. O primeiro, Vida e Morte, editado un ano antes en París (La Boîte à Musique, 1974) tiña outras dúas cancións de Rosalía: Cómo chove miudiño e Un repoludo gaiteiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/05/2015

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Empecei a ler a Rosalía con dezasete anos. Chegara a Valladolid para estudar Dirección de empresas agrarias. Alí vivín tres anos e foi entón cando sentín por primeira vez a nostalxia da terra, a morriña. Estrañaba o aire e o campo do meu Bierzo natal… E os versos de Rosalía facíanme revivir os airiños aires. Emocionábanme. E aquela emoción, a súa resonancia, levoume ao canto. Case sen querer, comecei a oír dentro de min a súa música e a cantala. Nin sequera pretendía entón facer unha canción: simplemente ía dicindo os seus versos de memoria, rumoreándoos, e ao ditado da súa sonoridade brotaba a entoación semellando leve gasa que sutil o vento move… Co vento, si, como o vento: a oración da terra. Así naceron as primeiras cancións: Cómo chove miudiño, Un repoludo gaiteiro e Pra A Habana.

Durante os cinco anos que vivín en Francia continuei lendo e roldando a Rosalía, ademais doutros estudos e quereres. En Follas Novas atopei poemas nos que Rosalía expresábase de maneira máis fonda, entrañable; versos impregnados, parecíanme a min, dunha dor existencial, sobre todo no seu último libro, En las orillas del Sar. Unha poesía intimista: ‘anque en verdade, ¿qué lle pasará anque non sea como se pasase en todol os demáis?'. Tamén poemas comprometidos coa súa terra e coa súa xente, a súa alianza cos humildes, sentindo a desgraza e a dor allea como propios: ‘Non pode o poeta prescindir do medio en que vive e da natureza que o rodea, ser alleo a seu tempo e deixar de reproducir, hastra sin pensalo, a eterna e laiada queixa que hoxe eisalan tódolos beizos. Por iso iñoro o que haxa no meu libro dos propios pesares ou dos alleos, anque ben podo telos todos por meus, pois os acostumados á desgracia chegan a contar por súas as que afrixen ós demáis'. Se no primeiro disco, Vida e Morte (Paris, 1974), incluíra dúas das primeiras cancións de Rosalía, a afección e o estudo daqueles anos vividos no Barrio Latino animaron e deron contido monográfico ao disco seguinte: Rosalía de Castro (Movieplay, 1975). Dende entón non deixei de cantar a Rosalía.

Dixo Juan Ramón Jiménez: ‘Un poema non se acaba nunca, se non se abandona. Eu levo a miña poesía dentro de min; é coma a árbore que dá flores, as mesmas flores, tan distintas'. O mesmo coa canción. Ningunha obra pode ter, mentres o seu autor viva, senón un valor transitorio. Por iso foron varias as versións discográficas que realicei durante estes anos, co ánimo de ofrecer unha Rosalía acorde con cada etapa vital. Un cantar non máis novo, nin máis lonxe, senón máis fondo.

A poesía é como un mar que lles devolve aos ríos a súa antiga memoria. Unha canción non se acaba de cantar nunca. Seguirei cantando, 'pois se Deus nos deu voz, foi para cantar!'

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión