"Mares igual que tú", que xa está a soar en todas as radios nacionais, foi a primeira canción en desvelarse do esperadísimo oitavo disco de estudio de Amaral, que Eva Amaral e Juan Aguirre definiron como “un mergullo nun océano de cores sonoras onde conviven madeira e metal, corazón e cortiza, corpo, alma e alegría de vivir”.
Para público en xeral
02/11/2019
Xa rematou
22.00 h (apertura de portas: 20.30 h)
25,00 / 28,00 €
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.)
Autorización para as persoas menores de 16 anos que queiran asistir ao concerto de Amaral (73 KB)
"Nuestro tiempo" é outro dos adiantos que Amaral mostrou á vez que deron a coñecer a listaxe completa das 13 cancións que compoñen este disco, que abre cunha versión da cantiga de Martin Códax "Ondas do mar do Vigo" na que participa o músico galego Carlos Núñez, con quen Eva e Juan xa compartiron escenario nalgunha ocasión.
O disco Salto al color será publicado o 6 de setembro e, ao día seguinte, comezará a nova xira, onde as novas cancións de Amaral soarán xunto coas cancións de todos os discos anteriores que xa forman parte da historia da música en español.
O concerto da Coruña é a terceira data da xira anunciada pola banda zaragozana e será o único de Galicia durante 2019.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho de billetes Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Coliseum: Aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)
Televenta: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30
03/05/2024
03/05/2024
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible