AMIGOS ATA A MORTE é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que queremos para as nosas vidas pero que, como é ben sabido, se se mesturan moitas veces explotan...
Para público en xeral
29/04/2017
Xa rematou
20 horas
Nacho, Ángel e María. Dous homes, unha muller... e claro, polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou se cadra non. Un xiro inesperado deixará patas para arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutra forma a amizade.
Que farías se a túa parella decide deixarte? E se marchase co teu mellor amigo? Perdoaríalos aos dous, a ningún, só a un dos dous? É mellor mentirlle á persoa que máis queres para evitar que o pase mal? É mellor sempre a verdade que a mentira? Unha "verdade a medias" é unha mentira de dúas persoas? Poderías perdoar calquera cousa por amor? E por amizade? Que é máis forte, o amor ou o rancor? Que farías polo teu mellor amigo? E chegado o caso, que lle farías ao teu mellor amigo?
Entidades

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible