Xornadas para coñecer o pasado coruñés, co Castro de Elviña como referente, e achegar as ferramentas que a Biblioteca Municipal de Estudos Locais lle ofrece á veciñanza da man de Matilde González Méndez, arqueóloga e doutora da Universidade de Santiago de Compostela.
Persoas adultas
24/04/2024, de 18:00 a 20:00
Xa rematou
Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024
Require inscrición previa
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Inscrición previa
As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.
O número de participantes variará dependendo dos requisitos e das necesidades de cada actividade en concreto.
Biblioteca de Estudos Locais
Teléf.: 981 184 386
Presentación da actividade (24 de abril)
Nesta primeira sesión, Matilde González, introduciranos no mundo da Idade de Ferro na que se enmarca o castro de Elviña. A sesión rematará co comentario dunha selección bibliográfica e debate entre as persoas asistentes.
Castro de Elviña (22 de maio)
Nesta segunda sesión presentarase o Castro de Elviña. A historia da investigación, os principais achados e a súa adecuación para a visita, rematando co comentario da bibliografía e o debate entre as persoas asistentes.
Visita ao castro (19 de xuño)
A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada polo castro, onde as guías do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña nos conducirán polos seus restos.
Os días 07/05/2025 ás 18:00 , 14/05/2025 ás 18:00 , 21/05/2025 ás 18:00
Dende o 30/04/2025 ata o 07/05/2025
Require inscrición previa
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible