A Coruña honra a memoria dos seus 21 deportados aos campos de concentración nazis a través dunha iniciativa conxunta da ARMH e o Concello. A investigación exhaustiva da ARMH, plasmada en sete libros e numerosos artigos de prensa, revela as historias destes homes e o impacto nas súas familias. Ademais, a cidade uniuse ao proxecto internacional Stolpersteine e instalou 17 placas conmemorativas nos lugares de nacemento e residencia destas vítimas do nazismo, co que mantén vivo o seu recordo.
Persoas adultas
Os días 07/05/2025 ás 18:00 , 14/05/2025 ás 18:00 , 21/05/2025 ás 18:00
Xa rematou
Dende o 30/04/2025 ata o 07/05/2025
Require inscrición previa
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Inscrición previa
As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.
O número de participantes variará dependendo dos requisitos e das necesidades de cada actividade en concreto.
Biblioteca de Estudos Locais
Teléf.: 981 184 386
7 de maio_ Introdución á deportación: os coruñeses en campos nazis
A cargo de Carmen García Rodeja e David Lozano.
Nesta primeira sesión proponse abordar o tema da deportación de coruñeses a campos de concentración nazi. Explicar o que supuxo o golpe de Estado de 1936 e a odisea destes veciños da Coruña fuxindo a loitar pola República e o exilio, os campos franceses, a participación na guerra mundial, os campos de prisioneiros de guerra e a deportación aos campos nazis.
Entrega de dossier con bibliografía
14 de maio_ Casos prácticos e encontro con familiares
A cargo de Carmen García Rodeja, David Lozano e José Luís Alamán, neto do deportado Martín Ferreiro. Será un encontro con textos e videos ilustrativos sobre este caso de coruñés deportado e asasinado en Mauthausen e unha conversa co seu neto José Luís Alamán.
21 de maio_ As homenaxes: Os stolpersteine, ruta na cidade
Realizaremos unha ruta polos stolpersteine colocados no centro da cidade, e outros lugares do centro relacionados cos deportados que sexan significativos, comentando os casos e o contexto da Coruña dos anos 30.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible