Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Aprobada a modificación do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Coruña

O Pleno do 9 de abril de 2026 aprobou o texto que fará que as parcelas afectadas pola faixa de prevención de incendios pasen de 1.192 a 2.551

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/04/2026

Organiza:

Concellería de Medio Ambiente

Documentos:

Anuncio BOP aprobación definitiva modificación PMPDIF 16.04.2026 (96 KB)

O Pleno do Concello da Coruña aprobou na sesión ordinaria realizada o día  9 de abril do 2026 a modificación do Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais do Concello da Coruña (PMPDIF), nos termos do ditame da Comisión Informativa correspondente e coa motivación in aliunde do informe proposta do Servizo de Medio Ambiente, de conformidade co art. 88.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións pública.

O texto da modificación aprobouse co voto a favor dos grupos municipais do Partido Popular (11 votos), dos Socialistas de Galicia-PSOE (10 votos) e do Bloque Nacionalista Galego (3 votos). Contabilízouse, así mesmo, a abstención da concelleira Avia Veira González, de acordo co artigo 100.1 do RD 2586/196, de 28 de novembro, Reglamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, por ausentarse do Salón de Sesións unha vez iniciada a deliberación e non estar presente no momento da votación

A modificación actual, froito dun traballo de colaboración entre o Concello da Coruña, Servizos Agrarios, SA (SEAGA) e o Instituto de Estudios do Territorio (IET), suporá que o número de parcelas afectadas pola faixa de prevención de incendios forestais, que perimetra solo urbán, urbanizable e de núcleo rural, ademáis de edificacións illadas destiñadas ás persoas en solo rústico localizadas a menos de 400 metros do monte, e edificacións destiñadas ás persoas, vivendas illadas, urbanizacións, escombreiras, gasoliñeiras, parques e  instalacións industriais localizadas a menos de 400 metros do monte, pase de 1.192 a 2.551.

No plan seguen a se incluir as parcelas exentas de aplicación por estar afectadas polo disposto na Disposición Transitoria quinta da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestáis de Galicia, ou por ser perimetrais ao solo clasificado como urbanizable, cuxo planeamiento urbanístico non foi ainda desenvolvido.

A modificación efectuada abrangue o mesmo territorio que o PMPDIF vixente: a totalidade do Concello da Coruña distribuída en cinco parroquias (San Vicenzo de Elviña, Santa María de Oza , San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma e A Coruña ). 

O documento íntegro do Plan está dispoñible para consulta en formato dixital na web  Descargas documentos e informes ambientais . Entra en vigor coa publicación deste anuncio no BOP (núm. 70 do 16.04.2026). 

Lei 3/2007 establece a obriga de xestionar a biomasa e as especies arbóreas prohibidas existentes nas parcelas que forman parte da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa previamente ao inicio da tempada de maior risco: o verán. Estas faixas son un elemento clave de protección dos núcleos de poboación, as infraestruturas, os equipamentos sociais, as zonas edificadas, os parques e os polígonos industriais fronte aos incendios. As faixas secundarias perimetran 50 m de ancho ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, nos que se deberá  xestionar correctamente a biomasa vexetal e retirar as especies arbóreas especificadas na Disposición Adicional Terceira da Lei 3/2007 (entre elas piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, silvas,...). Esa distancia, en todos os casos, medirase desde o límite exterior da finca ou desde o muro que teña. No caso de depósitos de lixo, parques ou instalacións industriais medirase desde o perímetro das instalacións. 

No termo municipal da Coruña as parcelas afectadas polas faixas secundarias se establece no PMPDIF.

Pódese comprobar no seguinte visor o trazado desta rede e qué parcelas inclúe:

https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

Este ano, como novidade da campaña de prevención de incendios que vai principiar, tras a sinatura do último convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e SEAGA, a parroquia de San Pedro de Visma deixa de ser considerada parroquia priorizada. Polo tanto, os convenios asinados con anterioridade entre as persoas titulares das parcelas de Visma e SEAGA, para a limpeza periódica das súas fincas, quedan sen efecto.  

Dada a enorme importancia que ten a prevención de incendios, no suposto de incumprimento destas obrigas, o concello procederá a execución forzosa para lograr o cumprimento do ordenado, mediante a imposición de multas coercitivas nos termos previstos no art. 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo de poder acudir á execución subsidiaria e de instruír o procedemento sancionador que corresponda.

Para calquera dúbida ou aclaración pódese contactar co teléfono 010 de información cidadá, co teléfono 981 184 315 (en horario de 8:00 a 15:00 horas) ou o correo gestionadministrativama@coruna.gal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión