Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Aventura coas focas

NOVAS SESIÓNS PARA O MES DE XUÑO

A quen vai dirixido?:

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do Libro de Familia onde figuren o nome e a data de nacemento.

Os nenos e nenas deberán ir acompañados/as durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/06/2022 ata o 26/06/2022

Celebrarase os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de XUÑO.

Xa rematou

Inscricións:

Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 10.00 horas do luns 30 de maio, premendo aquí.

Horario:

Das 11.00 ás 12.30 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

96 prazas en total, 12 prazas por sesión

Prezo:

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.

O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións do mes de xuño da actividade «Aventura coas focas».

Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade, das 11.00 ás 12.30 h, as persoas participantes visitarán a cociña do Aquarium, participarán na preparación dos alimentos e accederán ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do Libro de Familia onde figuren o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do 30 de maio.

As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión