O MUNCYT desenvolve unha serie de programas e actividades a través de propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Conta ademais, con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Para público en xeral
Dende o 02/05/2022 ata o 31/05/2022
gratis.
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Cada ano desde 1977, o ICOM celebra o 18 de maio o Día Internacional dos Museos, un momento excepcional para a comunidade museística internacional. O tema de 2022, "O poder dos museos" quere mostrar o poder dos museos de transformar o mundo que nos arrodea. Esta edición coincide ademais co 10º aniversario da inauguración do MUNCYT A Coruña, unha grande ocasión para celebrar!
FESTIVAL RESIS: "A PROXECCIÓN SONORA"
Os participantes e os músicos de Pulso Ensemble mostrarán os resultados do proxecto didáctico en diversos espazos do museo. Os obradoiros, dirixidos a público con discapacidade auditiva, permitíronlles achegarse a prácticas sonoras de música contemporánea e experimental a través da improvisación, música escrita, multimedia e novos medios tecnolóxicos para crear a actuación final. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. SÁBADO 7 Ás 20.00 HORAS.
CHARLA CORBI CITIZEN SCIENCE
A psiquiatra e divulgadora científica Iría Veiga e a psiquiatra Eva Bobadilla conversarán sobre as consecuencias que provocou na saúde mental dos máis novos a enfermidade da COVID. Público xeral, entrada libre ata completar capacidade. XOVES 26 Ás 19.30 HORAS
CHARLA DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLA SAÚDE DA MULLER
A asociación "A ciencia é feminino" organiza unha xornada informativa e de debate en colaboración co museo na que expertas en áreas como a saúde cardiovascular, a saúde mental, a xinecología e a sexualidade entre outras moitas farannos reflexionar desde unha perspectiva de xénero. Desde 1987 celébrase este día mundial con campañas sobre temas relacionados coa saúde da muller, co obxectivo de reafirmar que o dereito á saúde é un dereito humano ao que as mulleres deben acceder sen restricións ou exclusión algunha. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. SÁBADO 28 DE 11.00-19.00 HORAS
OBRADOIRO TECNOLOXÍA EN FAMILIA
Proxectos a partir de aparellos tecnolóxicos descartados para entender o seu funcionamento e fomentar a sostibilidade. Conexións sobre unha placa dun transmisor de mensaxes por internet en sistema binario. Enviarase unha mensaxe a un servidor remoto coa axuda de pulsadores e dun Arduino conectado a un router. Sábado 14 ás 12.00 h. Reserva previa, público familiar (8-12 anos)
CHARLA "ALIMENTACIÓN, UN FEITO CULTURAL CHEO DE CIENCIA"
A asociación "A ciencia é feminino" organiza unha xornada informativa e de debate en colaboración co museo na que expertas en áreas como a saúde cardiovascular, a saúde mental, a xinecología e a sexualidade entre outras moitas farannos reflexionar desde unha perspectiva de xénero. Desde 1987 celébrase este día mundial con campañas sobre temas relacionados coa saúde da muller, co obxectivo de reafirmar que o dereito á saúde é un dereito humano ao que as mulleres deben acceder sen restricións ou exclusión algunha. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. SÁBADO 28 DE 11.00-19.00 HORAS
CHARLA "ALIMENTACIÓN, UN FEITO CULTURAL CHEO DE CIENCIA"
Diálogos CorBI, Unha Cultura Humana. Ao longo da historia da humanidade, todas as culturas xeraron unha cociña propia adaptada estacionalmente aos recursos dispoñibles en cada zona, e que se preservou durante milenios. Esta tradición e cultura gastronómica local está hoxe en perigo polo impacto da globalización, o cambio nos modos de vida e a influencia da denominada "comida rápida". O impacto que esta ruptura do trinomio cultura-comida-saúde poida ter a longo prazo é moi preocupante. Unha experta biomédica, María Pardo e un restaurador, Pablo Galego, debaterán sobre esta particular relación. Público xeral, entrada libre ata completar capacidade. MÉRCORES 18 Ás 19.00 HORAS.
CINEMA "METRÓPOLIS" CON MÚSICA EN DIRECTO DE CASPERVEK TRIO
Proxección do clásico do cinema mudo "Metropolis" de Fritz Lang. "En Metropolis" mestúrase a crítica social e unha interesante formulación distópica. A ciencia e a tecnoloxía están presentes ao longo de toda a metraxe: ambientes futuristas, masivos medios de transporte e equipos de telecomunicación impensables na época. Caspervek Trío fundouse en 2013 polo pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer. Nos últimos anos, Caspervek converteuse nunha referencia dos cinema-concertos, con máis de 200 actuacións 14 países. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. VENRES 20 Ás 19.00 HORAS.
CHARLA "QUE A CIENCIA TE ACOMPAÑE: DIÁLOGOS DE PELÍCULAS CON ERROS CIENTÍFICOS" DE MIGUEL BARRAL PRECEDO
Se un se fiase das películas, o noso planeta e en particular a especie humana atópanse permanentemente ao bordo da apocalipse baixa a ameaza dunha infinidade de catástrofes en grao sumo variadas: asteroides, pandemias, terremotos, pragas... Sorte que aínda hai guionistas que porfían en que estas sexan unha ameaza pantasma. Actividade na que o público identificará erros científicos en guións de películas e o autor dará a explicación científica. Público xeral, entrada libre ata completar capacidade. MÉRCORES 25 Ás 19.00 HORAS.
18/05/2022
Dende o 11/05/2022 ata o 18/05/2022
Require inscrición.
19/05/2022
19/05/2022
19/05/2022
19/05/2022
Dende o 12/05/2022 ata o 19/05/2022
Require inscrición.
19/05/2022
Dende o 12/05/2022 ata o 19/05/2022
Require inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible