Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de marzo, elaborada arredor da colección do museo e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/03/2026 ata o 31/03/2026

Horario:

  • Martes a venres: das 10.00 ás 17.00 h
  • Sábados: das 11.00 ás 19.00 h
  • Domingos e festivos: das 11.00 ás 15.00 h

Prezo:

gratis

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

Correo electrónico: reservascor@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

Documentos:

Axenda marzo (pdf) (415 KB)

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller, que empezou a conmemorarse pola ONU en 1975, atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre xéneros.

  • CONFERENCIA PERFORMATIVA "BAILAR NO CEO: A MAXIA DE VOAR" CON ANA ABAD. Sábado 7 ás 18.00 h. Público xeral, reserva previa. Partindo do texto gañador da bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego (2022), a autora Ana Abad de Larriva ofrece unha aproximación á figura de Elisa Patiño, pioneira da aviación, e á de José Piñeiro, primeiro aviador galego destacado polas súas acrobacias. Elisa Patiño realizou un voo o 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, en Sanxenxo, e permanece como unha pioneira esquecida na historia da aviación, merecedora de figurar xunto a mulleres icónicas como Raymonde Laroche, primeira en obter licenza de pilotaxe en 1910, ou Harriet Quimby, que cruzou a canle da Mancha en 1911.

TALLERES INFANTÍS

Os sábados, co taller "Acidificación dos océanos" actividades orientadas a concienciar sobre os problemas que xera a absorción de CO2 por parte dos océanos. E os domingos, co taller "Tecnoloxía polo clima", actividades relacionadas coa redución do consumo enerxético ou alternativas na xeración de enerxía, cun enfoque sustentable e biomimético. Sábados e domingos ás 11.15 h. Público infantil (6-12 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.

CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES

Visita ás pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os 100 obxectos da Sala S. XX. Na visita familiar, percorreredes a colección do museo seguindo o fío temático de diversas mulleres científicas e inventoras, incluíndo no percorrido un xogo de pistas e unha actividade participativa sobre meteoroloxía e clima, entre outros temas. Sábados e domingos ás 12.30 ou 17.00 h, segundo o horario de apertura. Publico xeral e familiar (idade recomendada, a partir de 6 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.

XINCANAS FAMILIARES

Xogos de pistas sobre mulleres na historia e temáticas que levarán as persoas participantes a coñecer as novas exposicións temporais do museo. Sábados ás 13.15 e 18.00 h, domingos ás 13.15 h. Público infantil (6-12 anos). Reserva previa ou no despacho de billetes.

DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

Cada 23 de marzo conmemórase a entrada en vigor, en 1950, do Convenio polo que se estableceu a Organización Meteorolóxica Mundial. O tema de 2026 é "Observar hoxe, protexer o mañá", para destacar o cambio climático como unha ameaza real e innegable para toda a nosa civilización. Os seus efectos xa son visibles e serán catastróficos se non actuamos agora.

  • CHARLA "ANTÁRTIDA: VIVINDO NA FRONTEIRA DO CAMBIO CLIMÁTICO" CON JOSÉ VICENTE ALBERO. Xoves 26, ás 19.30 h. Público xeral, entrada libre ata completar a capacidade. Charla divulgativa organizada con AEMET para celebrar o Día Meteorolóxico Mundial, centrada na actividade na Antártida e especialmente no traballo que alí desenvolve AEMET. A charla permite coñecer o interior dunha base de investigación e mostrar as paisaxes e a fauna do continente. José Vicente, membro de AEMET en Andalucía, participou en máis dunha ducia de campañas antárticas dende 2003. Nelas encargouse da instalación e do mantemento de equipos meteorolóxicos nas Bases Antárticas Españolas, a transmisión de datos por satélite e a operación de observatorios meteorolóxicos e de radiación solar. Ademais, colaborou en proxectos do programa polar, así como en actividades de divulgación e publicacións relacionadas co seu labor.

EXPOSICIÓN TEMPORAL "OS INSTRUMENTOS DE HUMBOLDT"

En xuño de 1799, Humboldt partía do porto da Coruña a bordo da fragata Pizarro para emprender a súa grande exploración de América. Con el levaba unha colección de 42 dos instrumentos de medida máis modernos e precisos da época. Con este fito como punto de arranque, a exposición profunda nunha das facetas máis descoñecidas -e paradoxalmente máis decisivas- de Humboldt. Popularizado como naturalista e ecólogo, xeralmente pásase por alto a súa fascinación coa tecnoloxía punta e a súa obsesión coa metroloxía. Estaba convencido de que só efectuando unha medición sistemática e precisa da maior cantidade posible de fenómenos e variables chegaría a inferir as leis e relacións que rexen a natureza. Como así foi.

EXPOSICIÓN TEMPORAL "EN DEFENSA DA ANTÁRTIDA"

A exposición busca difundir o labor científico que España desenvolve na Antártida de forma ininterrompida desde a primeira Campaña Antártica Española (1987-1988). O percorrido pon en valor as características destas campañas e os programas de investigación, técnica e innovación apoiados polo Ministerio de Defensa, ademais de mostrar o modelo de cooperación entre institucións coordinado polo Comité Polar Español, adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A mostra ofrece un itinerario visual e didáctico sobre os aspectos xeográficos, biolóxicos, ambientais e históricos do continente, destacando tamén o papel das Forzas Armadas. O seu contido preséntase mediante paneis e unha recreación con materiais utilizados nas campañas.

Tamén che pode interesar...

  • Novos horizontes 05.03.2026

    Marzo 2026 - O DOC DO MES - CUTTING THROUGH ROCKS (Novos horizontes)

    Cando:

    05/03/2026

  • Bebeteca

    Bebencontro(13-24 meses): 6ª sesión

    Cando:

    05/03/2026

    Inscricións:

    Dende o 26/02/2026 ata o 05/03/2026

    Require inscrición
  • CantoConto!

    CANCELADA / CantoConto!: Natureza

    Cando:

    05/03/2026

    Inscricións:

    Sesión cancelada por peche da biblioteca.

  • emm

    CONCERTO CANCELADO. Concerto de combo de latina

    Cando:

    05/03/2026

  • Nada se sabe 07.03.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - Nada se sabe, de Manuel Lourenzo

    Cando:

    06/03/2026

    Inscricións:

    Este espectáculo ten unhas características moi especiais cara á inclusión no ámbito cultural, que non só é un dereito, senón tamén un paso fundamental cara a unha sociedade máis equitativa e diversa.

    As medidas de accesibilidade no teatro, do mesmo xeito que no resto das artes vivas, teñen un papel fundamental ao garantir que as persoas con diferentes tipos de discapacidade -visual, auditiva, motriz ou cognitiva- poidan gozar plenamente dos espectáculos, é polo que neste espectáculo se implementan as seguintes medidas de accesibilidade:

    1.- LSE durante todo o espectáculo.

    2.- Visita táctil para persoas invidentes, unha hora antes da función. Acceso libre.

    3.- Audiodescrición: as persoas que a soliciten deben levar os seus propios auriculares.

    4.- Programa de man en braille: dispoñible no despacho de billetes para préstamo durante o espectáculo.

    5.- Programa de lectura fácil

    **Se necesita as medidas de accesibilidade 2 ou 3 deberá comunicalo identificandose través do correo forummetropolitano@coruna.gal antes do día 4 de marzo ás 15.00 horas.

    En canto a "audiodescrición" temos 8 aparellos que se confirmarán por orde de petición a través do correo forummetropolitano@coruna.gal e en canto á visita táctil deberá acudirse unha hora antes do evento.

  • emm

    Concerto de combos de moderna

    Cando:

    06/03/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión