Incluída no bloque de actividades "As nosas guerreiras", fomenta a colaboración e o traballo grupal entre nenas e nenos que implique a aprendizaxe da igualdade de oportunidades e o respecto entre iguais.
Menores entre os 3 anos e medio e os 12 anos. Aberto á participación ata completar as prazas dispoñibles en cada un dos espazos e ludotecas.
Para público en xeral
07/03/2020
Xa rematou
De 10:30 a 13:30 h
Na Ludoteca coeducativa Novo Mesoiro
Nesta actividade crearase coas e cos menores participantes un ambiente de distensión e diversión no que aprendan a gozar dos xogos e xoguetes por igual sen razón de xénero.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible