Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas aos proxectos de investimento empresarial (concorrencia non competitiva) (IG408A)
Axudas para dinamizar a actividade económica e potenciar o mantemento e creación de emprego a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
A quen vai dirixido?:
As pequenas e medianas empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que cumpran os seguintes requisitos:
Que proxecten levar a cabo un investimento para desenvolver algunha das actividades considerades subvencionables
Que acheguen unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% dos custos subvencionables, mediante recursos propios ou financiamento externo
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 01/01/2020 ata o 30/12/2020
Xa rematou
Inscricións:
Dende o 01/01/2020 ata o 30/12/2020
Remuneración / Custo:
O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e non superior a 2.000.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.
Contía da axuda:
Será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención aprobada polo importe do investimento subvencionable.
A porcentaxe de subvención aprobada será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:
Tamaño da empresa: 24% no caso de pequenas empresas e 15% medianas empresas
Mantemento do emprego: determinarase en base á cifra de traballadores con contrato indefinido na data de presentación da solicitude. Concederase un 3% por mantemento de emprego.
Creación de emprego estable: en base ao compromiso de creación neta de postos de traballo con carácter indefinido durante o prazo de execución do proxecto.
a) 2% pola creación de cada posto de traballo no caso de microempresas (3% no caso de persoas discapacitadas) cun máximo de 3%
b) 1% pola creación de cada posto de traballo no caso de pequenas empresas (2% no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 3%
c) 0,5% pola creación de cada posto de traballo no caso de medianas empresas (1% no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 2%.
Ampliación de capacidade dun establecemento existente
Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo
Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente
No sector da hostalería:
A creación de novos establecementos hoteleiros de 4 estrelas nos termos municipais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol e de 3 estrelas no resto de localizacións.
En establecementos hoteleiros existente, os investimentos necesarios para incrementar a categoría de acordo coa liña anterior.
Investimento subvencionable:
Obra civil (nova construción, reforma ou rehabilitación)
Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas
Bens de equipo
Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario
Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo
Custos de reformas de instalación levadas a cabo en bens inmobles arrendados
Os activos adquiridos deberán ser novos, agás o previsto para a adquisición de edificacións ou construcións usadas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible