Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Banda Municipal de Música: A mirada nas mans

Espectáculo de inclusión social a través das Artes. Unha visión multidisciplinar do imaxinario de Pablo Picasso. Un percorrido polas etapas artísticas destacadas, desde a súa época realista ata o Guernica. O fío narrativo céntrase no personaxe de Picasso adulto e Picasso neno que están en continua comuñón. No medio de todo isto un Director de Teatro Curioso, e unha infinidade de personaxes das súas obras que cobran vida nunha posta en escena multidisciplinar: danza, teatro, aéreos, música en directo. A Banda Municipal de música de Coruña, a artista e creadora Rebeca Ponte e o dj Óscar Ramone poñerán banda sonora ao espectáculo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/04/2018

Xa rematou

Horario:

20 horas

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada de balde até completar a capacidade

Documentos:

A mirada nas mans. Notas ao programa (44 KB)

A experiencia de colaborar coa Banda Municipal de música da Coruña deunos a posibilidade de evolucionar un paso máis no noso proxecto de Inclusión Social a través das Artes. A calidade artística que achega estar apoiados por uns músicos deeste calibre e a humildade coa que aborda a proposta o seu director Juanjo Ocón converteron un proxecto humano e formativo nun espectáculo cunha dignísima calidade artística. A música en directo en escena, a integración dos músicos co grupo, a necesidade de ir máis aló e que esta viaxe a levemos a cabo en conxunto, en equipo onde todos navegamos nun mesmo barco, xa non somos entes independentes.

O repertorio adaptado ao mundo de Picasso, no caso da Banda, á época Rosa, á florecente etapa Parisiense e outras das súas etapas artísticas.

Para a compañía 5s de danza-teatro inclusiva é un privilexio telos connosco en escena e o amor co que están a apoiar este proxecto de tal responsabilidade social.

Non temos máis que agradecer e potenciar estas alternativas que neste caso posibilitou a Fundación Emalcsa a través das súas axudas de Cultura Inclusiva.

ASOCIACIÓN CULTURAL PARA A INTEGRACIÓN SOCIAL DIVERSOS

Dirección: Carlota Pérez

Colaboración coreográfica: Leo Rodríguez

Música orixinal: Rebeca Ponte e Óscar Ramone

Guión: Xoan Carlos Mejuto

Dramaturxia: Javier Collado

Artes plástica: Mamen Bazarra

Imaxes do espectáculo e fotografía: Gimena Berenguer

Elenco: Banda Municipal de Música da Coruña

Director: Juanjo Ocón

Rebeca Ponte, Óscar Ramone, Geluco Carballeira, Carlota Pérez, Danae de la Vega, Estrela Agulló, Tatiana Cacheiro, Adriana Paulos, Luisa Silva, Cristian Machado, Lola Couceiro, Julita Fresco, Eurico da Pena, Rodrigo Palmeiro, Mamen Bazarra, Artemisa Semedo, Davinia Rico, Tania, Iago Roia, Angel Mangas.

VINDEIROS CONCERTOS

22 de abril - Pazo da Ópera

5 de maio - Parque de Sta. Margarida (Día da ciencia na rúa)

10 de maio - Teatro Rosalía

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión