Subvencións ás entidades veciñais da Coruña
Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral
Dende o 17/04/2018 ata o 16/05/2018
Xa rematou
Bop 71 do 16 de abril de 2018
Enderezo electrónico:
participacion@coruna.es
Teléfono:
981.184.200 Ext. 10165 / 10909
Subvencións ás entidades veciñais da Coruña
Convocatoria das liñas de axuda para apoiar os proxectos e actividades, e o funcionamento das entidades veciñais da cidade durante o ano 2018
Desde a concellaría de Participación e Innovación Democrática establécense, para o ano 2018, dúas liñas de axudas diferenciadas:
Ambas as dúas subvencións se convocan en réxime de concurrencia competitiva, sendo requisitos imprescindibles que as entidades solicitantes teñan a súa sede no termo municipal da Coruña e figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC.
As actividades subvencionadas poden programarse para a súa realización antes do 31 de decembro de 2018 e/ou tamén pode solicitarse a subvención para accións xa realizadas no primeiro trimestre deste ano.
Ambas as dúas liñas de axuda son compatibles, de xeito que as entidades que soliciten subvención para o mantemento e gastos xerais tamén poderán concurrir ás subvencións convocadas para proxectos e actividades.
Para recibir asesoramento e para a resolución de calquera dúbida relacionada coa presentación das solicitudes destas subvencións ou da execución dos programas e actividades subvencionables, estará dispoñible un servizo específico de apoio na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.
>> Todo a información aparece publicada no Bop 71 do 16 de abril de 2018
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible