Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Bebescena outono 2026

O ciclo Bebescena outono 2026 ofrece unha programación de espectáculos especialmente pensada para bebés e nenos e nenas de primeira infancia. A través da danza, o teatro, a música, os monicreques e os xogos visuais e sonoros, as familias poderán gozar de cinco propostas que estimulan a imaxinación e achegan os/as máis pequenos/as ás artes escénicas.

A quen vai dirixido?:

Primeira infancia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/09/2026 ata o 13/12/2026

Horario:

11.30 h e 13.00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

  • Entrada xeral: 6 €
  • Entrada reducida: 2 € para menores de 3 anos, persoas con discapacidade acreditada e acompañantes
  • Abono de tres entradas: 15 €

As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao mercar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

  • 27 de setembro: Únicos, de Date Danza. Danza contemporánea. Desde 18 meses. Duración: 42 minutos.
  • 18 de outubro: La selva, de Teloncillo. Teatro xestual e musical. De 6 meses a 5 anos. Duración: 35 minutos.
  • 8 de novembro: Canta, Buguina, canta!, de Marta Ortiz. Danza contemporánea. De 0 a 6 anos. Duración: 40 minutos.
  • 29 de novembro: Lumiero, de La Menuda. Teatro visual, musical e xestual. De 6 meses a 5 anos. Duración: 40 minutos.
  • 13 de decembro: Dedín, dedín, dedal, de Malasombra. Monicreques e música en directo. De 1 a 6 anos. Duración: 45 minutos.

Puntos de venda de entradas:

  • En liña: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h, excepto festivos.
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo, sempre que queden entradas dispoñibles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión