Espectáculo multidisciplinar (danza, música, teatro)
Para público en xeral
02/12/2023
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
**Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min
Blues de Medianoite - Versión Estendida, entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento e na música, nunha viaxe no tren clandestino que conduce á liberdade. Pon en valor ás grandes damas do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o NOSO Blues.
É un espectáculo multidisciplinar (danza, música e teatro) que transita entre o formato escénico e formato concerto. É un espectáculo feminista, que parte do histórico para chegar á intimidade de cada persoa, recreando a poética do imaxinario propio deste xénero musical, grazas á luz, que nos traslada ó club, ó tren, ó cruce de camiños...
Con Alba Fernández (danza e teatro), Marian Ledesma (voz e teclado), Julio Cuns (guitarra), Juan Tinaquero (contrabaixo e baixo eléctrico), Bruno Couceiro (batería), Alfonso Castro (luz e guitarra)
Creación, dirección e interpretación: Alba Fernández
Duración aproximada: 60 minutos
Compañía: Laboratorio Escénico S. Coop. Galega
Venda de entradas
Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025

29/12/2025

Os días 03/01/2026, 04/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible